Nunha sociedade que nos rouba o tempo e mercantiliza a vida, pensar os afectos é un xesto político. É a monogamia unha escolla real ou a opción por defecto á que nos arrastran o cansazo, a precariedade e a falta de redes comunitarias? Dá a vida para amar fóra da norma cando apenas dá para chegar a fin de mes?
Este sábado xuntámonos na Revolteira co grupo de Non Monogamias da Coruña para desarmar estas inercias. Un espazo para debater como abrir fendas ao modelo relacional hexemónico sen rebentar no intento.
Conversa sobre non monogamias
Submitted 1 day ago by corunha@corunha.acontece.gal [bot] to corunha@corunha.acontece.gal
https://corunha.acontece.gal/media/6a6fd4fa6c21c5cb1c54b44abf6d9b73.jpg